domingo, 6 de abril de 2014

Vídeo final "Vida Saudable Boiro"

Despois destos case 2 meses de duro esforzo preparando a nosa participación para o concurso, por fin chegamos á parte final, o vídeo, onde expoñemos o tema da obesidade, tema de repercusión en toda Europa, non só en España ou Boiro, e onde facemos o Día da Vida Saudable. Practicamos e xuntamos a xente para diversos deportes. Espero que vos guste, ahí volo deixamos.





Un pracer facer todo isto ;)

viernes, 4 de abril de 2014

Informe final: "Vida Saudable Boiro; Alimentación equilibrada e exercicio físico”

Dende o IES "Praia Barraña" de Boiro, comezamos un proxecto moi interesante que tiña como lema facer unha proposta para a mellora da política europea sobre saúde. Tratase dunha iniciativa na que se traballou para mellorar a política sanitaria e educativa no tema da obesidade. Dita iniciativa levámola a cabo na clase de TIC’s (Tecnoloxía da Información e a Comunicación) pero tamén contamos coa axuda dos Departamentos de Bioloxía e Educación Física.

Escollemos como tema a vida saudable; a alimentación equilibrada e o deporte, xa que é un tema que afecta a un gran número de persoas. Por una banda, o 26 % dos pequenos de seis a doce anos presentan sobrepeso en Galicia e un 9 % xa chegan ao límite da obesidade, é dicir, o 35 % dos menores de primaria están afectados en maior ou menos grao por este problema, que non é alleo tampouco á poboación adulta, por iso recalcamos a importancia de previr e evitar as consecuencias do exceso de peso.

En primeiro lugar, comezamos por informarnos ben, para o que cada un de nós se metese máis a fondo nos temas que mais directamente estaban influenciados. Repartimos o traballo e realizamos varias presentacións en relación aos temas máis importantes. Para a realización deste proxecto, botamos man de moitas fontes de información, recabando esta tanto a nivel local, autonómico coma europeo.

Seguidamente organizamos unha serie de entrevistas con expertos na materia, como, por exemplo cun nutricionista especializado nos hábitos alimenticios. Recorremos tamén ao concello para entrevistar o concelleiro de deportes e a un ximnasio, para informarnos sobre a actividade física. Logo entrevistamos a outros alumnos do IES "Praia Barraña" para que nos desen información sobre os seus hábitos alimenticios e deportivos. Entrevistamos a nosa profesora de bioloxía, Ana Urbieta e nos respondeu a unha serie de cuestións que preparamos especialmente para unha experta en bioloxía e xenética. Finalmente investigamos un pouco acerca dos alimentos máis saudables e prexudiciais que se venden nun supermercado. Destas entrevistas e investigacións, sacamos en limpo a importancia de levar unha vida saudable tanto dende o punto de vista da nutrición coma do deporte.

A continuación preparamos un par de vídeos, no primeiro, centramonos máis en definir o que era a obesidade e, en como a sociedade tamén é moi cruel con aqueles rapaces que a padecen. No segundo vídeo, analizouse como a alimentación equilibrada e o exercicio físico son dous pilares fundamentais que inflúen directamente sobre o problema do sobrepeso.

Finalmente, e como colofón a todo o traballo, organizamos diferentes actividades baixo o lema "Día da Vida Saudable" para concienciar á poboación dos graves problemas que o sobrepeso pode acarrear. Conscientes de que a educación é fundamental nos hábitos alimenticios e deportivos, que dende ben novo se adquiran, traballouse para favorecer hábitos saúdables dende a escola.

Para poñer en práctica a temática deportiva ocorréusenos a idea de facer un día dedicado ao deporte, o cal se pode ver no vídeo final. Neste día realizamos unha serie exercicios ao aire libre e rematouse con varios partidos de bádminton. Non houbo nada mellor que finalizar a xornada de exercicio físico recuperando enerxías cunha peza de froita que se nos dou aos alumnos para incitarnos a levar unha vida saudable.

Toda a iniciativa difundiuse a través da páxina Web do centro, do centro Europe Direct, da prensa, da radio e das redes socias.

Neste proxecto integramos moitos dos coñecementos, que estamos estudando na asignatura TIC's, con Bioloxía e Educación Física. A realización do proxecto final levounos a usar os programas de edición fotográficos, o Gimp e Inkscape, programas de edición de vídeo para a edición do video final (Corel Vídeostudio pro x7), programas de edición de audio (Audacity) para a grabación e edición da voz e por suposto todo o que conleva a creación dun blogue e o uso das redes sociais.


Desta experiencia aprendemos a importancia de levar unha dieta equilibrada, saudable combinada con exercicio físico para non ter problemas de saúde nun futuro. Todos nós, animamos a toda a xente a cambiar os malos hábitos e a mellorar os estilos de vida sedentarios.


¡Por un futuro mellor e unha vida saudable!

Difusión da noticia: Europe Direct

No seguinte enlace atópase a difusión da nosa iniciativa no centro Europe Direct A Coruña.

jueves, 3 de abril de 2014

Prensa

Hoxe, 3 de abril, diferentes xornais publican o noso traballo:

O noticieiro Galego

(La Voz de Galicia, 3 de abril 2014)

Alimentación equilibrada e exercicio físico

Algunhas de nos, fixemos un vídeo coa temática da vida saudable e o exercicio físico.  Neste vídeo mostramos como debe ser unha boa dieta e como debemos combinala co deporte intentando evitar a toda costa unha vida sedentaria seguida dunha mala nutrición.

miércoles, 2 de abril de 2014

Nota de prensa: Día da Vida Saudable IES “Praia Barraña” de Boiro

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES "Praia Baraña" de Boiro que cursa a materia TIC's, participou de novo na nova edición do certame Euroscola 2014 (concurso organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo) e saíu á rúa para celebrar o Día da Vida Saudable.
Dita iniciativa leva por título "Vida Saudable Boiro: Alimentación equilibrada e exercicio físico". Toda a información, as entrevistas que se realizaron a diferentes expertos na materia e o proxecto final, así como un vídeo de todas as actividades deportivas que se levaron a cabo para esta iniciativa, atópanse no seguinte blogue:        VidaSaudableBoiro.blogspot.com.

 Nesta ocasión o lema do concurso foi facer unha proposta para a mellora dalgunha das Políticas Europeas. Conscientes do gran problema que a sociedade actual ten co sobrepeso e a obesidade (máis dun 30% da poboación presenta algún problema relacionado cos problemas de peso) o alumnado apostou pola mellora da política sanitaria e educativa e levou a cabo esta iniciativa para concienciar a cidadanía desta problemática e loitar contra a obesidade. Conscientes de que a educación é fundamental nos hábitos alimenticios e deportivos, que dende ben novo se adquiran, traballase para favorecermos hábitos saudables dende a escola. 

Dada a importancia do tema de estudo, dito proxecto puxo en práctica a interdisciplinaridade e a colaboración entre tres departamentos do noso instituto. Participaron os Departamentos de Tecnoloxía - que actuará coma coordinador- o Departamento de Bioloxía e mais o Departamento de Educación Física. Despois de realizarmos diferentes actividades no paseo marítimo de Praia Barraña, rematouse a xornada con varios partidos de bádminton.